Opciones de matriculación

Este curso está plantexado dende unha Concepción Sistémica da Orientación, na que se busca unha explicación multicausal á situación da persoa; na que un cambio nun elemento do sistema (motivación, autoestima…) pode xerar cambios progresivos no resto de elementos (habilidades sociais, planificación, busca de información…). Debemos partir dunhas premisas constructivistas sobre as que orientador/a e orientado/a elaboran unha percepción da realidade na que o cambio é factible e o acceso ao emprego é posible.

Ademais, debemos pensar nun enfoque centrado nos recursos, no que se traballa para ampliar o positivo e para construír e avanzar dende o que xa existe.

Cobra importancia unha actitude profesional de confianza na capacidade e posibilidade de superación do usuario/a.

Isto lévanos a centrar esta filosofía de traballo na potenciación de competencias, tanto de base como transversais. Todo elo a través das novas tecnoloxías, propiciando unha dobre aprendizaxe na realización de cada actividade.

Los invitados no pueden entrar a este curso. Por favor acceda con sus datos.