Saltar cursos disponibles

Cursos disponibles

Teléfono de contacto:

981 57 46 98

Soporte Técnico:

tecnicos@cogami.es

Curso de Proba+

Este curso está plantexado dende unha Concepción Sistémica da Orientación, na que se busca unha explicación multicausal á situación da persoa; na que un cambio nun elemento do sistema (motivación, autoestima…) pode xerar cambios progresivos no resto de elementos (habilidades sociais, planificación, busca de información…). Debemos partir dunhas premisas constructivistas sobre as que orientador/a e orientado/a elaboran unha percepción da realidade na que o cambio é factible e o acceso ao emprego é posible.

Ademais, debemos pensar nun enfoque centrado nos recursos, no que se traballa para ampliar o positivo e para construír e avanzar dende o que xa existe.

Cobra importancia unha actitude profesional de confianza na capacidade e posibilidade de superación do usuario/a.

Isto lévanos a centrar esta filosofía de traballo na potenciación de competencias, tanto de base como transversais. Todo elo a través das novas tecnoloxías, propiciando unha dobre aprendizaxe na realización de cada actividade.

OBXECTIVOS

  • Coñecer toda a documentación necesaria a menexar no posto de traballo
  • Manexar os procedementos e protocolos necesarios para aplicar en cada situación concreta
  • Adquirir os coñecementos precisos para o rexistro e seguemento de diferentes cuestións


OBXECTIVOS

  • Mellorar as competencias dos profesionais do servizo de transporte (condutores e acompañantes): permitirá o desenvolvemento de todas as competencias profesionais necesarias para desempeñar de xeito óptimo o posto de traballo na área xerontolóxica. Permitirá adquirir novas habilidades e destrezas sociais que permitirán optimizar os recursos persoais e a obtención de mellores resultados en termos de satisfacción das persoas usuarias e cliente final.
  • Incentivar e motivar ás persoas traballadoras: irá especialmente dirixida a mellorar o rendemento e a comprender aspectos xerontolóxicos que redundarán no posto de traballo así como maior autoestima e confianza para o traballador/a.

Módulo de formación básica para persoas beneficiarias do servizo de asistencia persoal que consta de 5 horas a realizar a distancia a través desta plataforma de formación.